28.2.05
Anxo Quintana pon en evidencia a Fiscalía polas denuncias de corrupción
[28/02/2005 - xornal.com]
“Resulta curioso que as declaracións de Pasqual Maragall no Parlamento catalán teñan provocado accións por parte da Fiscalía e que aquí que levamos, non unha sesión do Parlamento, senón anos e anos falando de corrupción institucional, aínda non se teña iniciado ningún camiño dese estilo”, subliñou. O portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana, considera que a Fiscalía Xeral do Estado está actuando cun criterio "dispar" á hora de intervir ante denuncias de casos de corrupción dende a Administración, sorprendendo a celeridade con que ten actuado en Cataluña mentres se ignoran as denuncias que se acumulan contra o Goberno do PP en Galicia. “Resulta curioso que as declaracións de Pasqual Maragall no Parlamento catalán teñan provocado accións por parte da Fiscalía e que aquí que levamos, non unha sesión do Parlamento, senón anos e anos falando de corrupción institucional, aínda non se teña iniciado ningún camiño dese estilo”, subliñou Anxo Quintana na rolda de prensa posterior ao Comité de Dirección. Quintana lembrou que “nos últimos 15 anos teñen chovido as denuncias contra gobernos do PP nas distintas administracións, non só na autonómica”, e mencionou os casos das deputacións de Pontevedra, Lugo e Ourense, denuncias contra “o clientelismo”, sobre todo en materia de contratación, que foron confirmadas mesmo “por membros do propio Goberno galego, asegurando que existía o enriquecemento ilícito”. “Penso que é suficiente como para que, dende o ámbito xudicial, o fiscal xeral do Estado, o tivese en conta e, dende un trato igualitario do aparato xudicial do Estado, non haxa actuacións tan dispares en Cataluña e en Galiza”, recalcou, tras asegurar que para o BNG “acabouse a impunidade de Fraga e do PP”. “Se por algo se ten que caracterizar o cambio galego que o país necesita é por traer unha dinámica ás institucións e limpar a corrupción institucional instaurada nos anos de Goberno de Fraga”, concluíu o líder do BNG.
DENUNCIA DUN PACTO.- Anxo Quintana denunciou a existencia dun pacto entre o presidente da Xunta, Manuel Fraga, e o presidente do PP, Mariano Rajoy, polo que os intereses de Galicia quedan supeditados aos intereses electorais do PP estatal, o que explicaría a negativa a debater sobre o autogoberno e sobre as infraestruturas de cara a tramitación do PEIT. “Os feitos están a demostrar que o pacto do Montepío entre Fraga e Rajoy estipula pór a Galiza e as súas institucións ao servizo das estratexias electorais do PP en Madrid e de Rajoy. O pacto de Montepío estipula que Fraga pon a cara, pero que Feijóo “o tapado” e o que move os fíos a favor de Madrid, inclúe laminar a unha parte do PP unha vez pasadas as eleccións, inclúe fulminar calquera rastro de defensa de Galiza”. O líder nacionalista ofreceu a Fraga a súa colaboración como senador presente na Comisión Xeral das comunmidades autónomas para que a petición de celebrar un debate sobre o Estado das autonomías se celebre canto antes. Pero, en reciprocidade, dixo, “espero que amose a mesma reciprocidade para iniciar os debates sobre o autogoberno”. Canto á celebración dun novo debate sobre o Estado da Autonomía, Quintana non se opón ao seu adianto, pero postos a pedir algo a Fraga “o mellor e reclamar un adianto das eleccións para acabar coa agonía, e permitir a Galiza iniciar unha nova etapa”.

Comments:
<< Home
senon queda constancia de todas istas denuncias de pouco valdran...
votadelle unha ollada a este blog e usadelo si o considerades util
http://www.lacoctelera.com/galiciadenuncia
unha perta a todos
GALICIADENUNCIA
Publicar un comentario en la entrada