9.2.05

 

A reforma do Estatuto de Galicia

O PP pensa adiar a reforma até despois das eleccións

[09/02/2005 - www.vieiros.com]

O pleno do parlamento galego que comeza esta tarde debaterá as proposicións non de lei presentadas polo BNG e o PSdeG para que se constitúa unha comisión parlamentaria que inicie os traballos de elaboración dun Novo Estatuto para Galiza, como piden os nacionalistas, ou ben, que encare a reforma do Estatuto actual, como solicita o grupo socialista. Ningunha das propostas semella do agrado do PP, quen a través do voceiro parlamentario, Xaime Pita, xa anunciou que "Non nos imos precipitar agora, só porque nolo pida o lehendakari Ibarretxe". Pita insistiu en que o proceso de reforma do Estatuto comezará despois das eleccións, a finais deste ano. Está previsto que as proposicións non de lei se voten na sesión de mañá.

Comments: Publicar un comentario en la entrada

<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?